Os Equipos de dinamización da lingua galega, DINAMIZAESTRADA, de todos os centros educativos da Estrada participan activamente no proxecto que este curso botou a andar o Concello da Estrada.

 

DINAMIZATV xurdiu co obxectivo de promover o uso do galego entre entre a xente xove dos nosos centros, apostando decididamente polo eido audiovisual, coa creación dun NOTICIEIRO en cada un dos centros escolares.

Presentamos o programa de tv "DinamizaTv Ceip Pérez Viondi" (entrevistas, obradoiros, noticias culturais e o tempo) no que participaron moitos alumnos e alumnas do colexio.

Comentarios