CO MEL NOS BEIZOS

 

Roteiro poético da man do escritor Xosé Luna Sanmartín

 

O alumnado de 5º (A/B)participou nun Roteiro literario baseado na obra do escritor estradense Xosé Luna.  Previamente na aula traballamos con títulos como Sol Rebulideiro,  O libro dos bicos,  A estrada da vida, Da lectura e outrascousiñas. 

Elaborouse un mural cunha escolma dos poemas do autor.  Fíxose unha dramatización poética por parte do alumnado e unha Performance músico-teatral adaptando un texto que leva por título Galicia, sitio distinto.

Por outra banda,  o escritor agasallou a cada nena e neno con cadansúa fermosa palabra escrita nun corazón de madeira.








Comentarios