Imos comer!

 Imos Comer!

Foi unha tarefa integrada que realizamos entre finais da primeira avaliación e principios da segunda.

A tarefa tiña tres partes e así nola indicou o noso mestre:

PRIMEIRO

Busca, atopa e redacta unha receita de algo que teñas gañas de cociñar, pode ser dende un bocadillo a un prato máis elaborado, ti decides.  O primeiro que tes que facer e ESCRIBIR a receita, ingredientes ( coas súas cantidades para 4 persoas), a elaboración paso a paso, buscar os alérxenos que poida ter esa comida.

SEGUNDO

 Debedes facer unha presentación de diapositivas onde se mostre o custo da receita para catro pesoas. Ademais deberedes calcular as diferencias de mercar os ingedientes no supermercado a mercar produtos de proximidade ( a lo menos o  maior número de produtos que poidas coñecer os seu prezo).

                               Con eses cálculos deberás presentar un documento no que reflexiones sobre as ventaxas e inconvintes de mercar produtos de proximidades, tanto económicas, sociais e ecolóxicas.

TERCEIRO 

 Elaborar a receita. Deberás grabar e editar un vídeo no que mostres a elaboración da receita, poden colabora a familia en todo o que queirades.

 Podedes ver o resultado de todo aquí.


Comentarios