O Entroido de Lobios

 

    As alumnas e os alumnos de sexto de primaria traballaron este curso o Entroido típico de Lobios.
Comenzamos facendo unha investigación sobre as maneiras tan diversas de celebrar o Entroido en Galicia, fomos acotando terreo na provincia de Ourense, ata chegar á comarca da Baixa Limia e dar co concello de Lobios. Elaboramos un documento resumo con textoe imaxes para amosarlle ao resto do cole como era esa tradición. Fixemos os disfraces con corouchas (ou follato como din en Lobios) de millo nunha aula do cole habilitada para tal fin. Ese traballo comenzou no mes de outubro gardando as corouchas nun lugar onde non houbera humidade para que non se estragasen ata despois do Nadal, que foi cando empezamos a elaborar os disfraces entre todos para todos. Acudimos á mostra do Entroido celebrada en Lamas de Abade o día 18 de febreiro.



































Comentarios